A fortaleza da comunidade galega permite presentar o Ano Santo Xacobeo no corazón de Nova York

O comisario do Xacobeo 2027 e o secretario xeral da Emigración participaron no Desfile do Día da Hispanidade en Nova York.

O desfile estivo protagonizado polas carrozas decoradas con motivos do Ano Santo Xacobeo.

No acto participaron entidades como La Nacional, a Casa de Galicia e o Centro Español de Queens, que desfilaron provistas de bandeiras e vestidas con traxes tradicionais.

  • Desfile do Día da Hispanidade en Nova York.
    Desfile do Día da Hispanidade en Nova York.

Listen to this page using ReadSpeaker
Nova York (Estados Unidos), 12 de outubro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participaron no Desfile do Día da Hispanidade en Nova York, un dos eventos máis importantes da comunidade hispana no país, que conta cunha presenza destacada das entidades galegas. Varias destas entidades participaron no acto levando carrozas decoradas con motivo do Xacobeo 2027.

Para Gómez Román, este acto é unha oportunidade para mostrar á xente “de todas partes do mundo” a cultura e as tradicións da nosa terra, grazas á participación das agrupacións galegas. No acto estiveron presentes entidades como La Nacional -creadora do desfile e con moita presenza galega-, A Casa de Galicia de Nova York, o Centro Español de Queens e o Centro Orensano Social Club, que desfilaron provistas de bandeiras e vestidas con traxes tradicionais.

Este desfile enmárcase no mes da Herdanza Hispánica, que conmemora a contribución, cultura e historia das comunidades hispanas no país. O Desfile do Día da Hispanidade, organizado por La Nacional, é un dos eventos máis importantes deste mes, que se celebra do 15 de setembro ao 15 de outubro, e ten lugar na Quinta Avenida con comitivas de vinte e un países de fala hispana.

Tralo desfile, Miranda subliñou a relevancia da participación galega nun evento tan significativo para os españois nos Estados Unidos, onde Galicia ten unha comunidade consolidada e activa. Tamén reafirmou o compromiso da Xunta con seguir apoiando estas iniciativas que permiten que a cultura galega teña presenza nos grandes eventos internacionais.

54 lecturas