Miranda e Gómez Román enxalzan a fortaleza dos lazos entre Galicia e O Uruguai como impulsores da proxección do Xacobeo 2027
O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo participaron na celebración da Festa da Hispanidade “Galicia” en Montevideo.
Actualmente residen no Uruguai preto de 80.000 persoas españolas, das cales un 60% son galegos e galegas.
Invitan aos presentes a facer o Camiño de Santiago “no mellor momento de Galicia”.
Miranda e Gómez Román enxalzan a fortaleza dos lazos entre Galicia e O Uruguai como impulsores da proxección do Xacobeo 2027.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, e da delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, salientou hoxe en Montevideo a fortaleza e a vixencia dos lazos entre Galicia e O Uruguai no acto de celebración do Día da Hispanidade celebrado na Embaixada de España neste país, no que Galicia participou como Comunidade convidada de honra: “España é un gran país porque está composto de diferentes identidades que conflúen nunha nacional”, apuntou o secretario.
O secretario destacou o papel esencial da colectividade galega neste país, que mantivo viva a conexión coa terra e coas súas tradicións, facendo de Montevideo unha cidade que sente Galicia como algo propio. Na actualidade residen no Uruguai preto de 80.000 persoas españolas, das cales 45.000 son galegos e galegas, case un 60%.
Miranda tamén subliñou que o vínculo histórico co Uruguai non se debilitou co tempo, senón que se fixo máis forte, convertendo a Galicia nunha terra que non só se lembra desde lonxe, senón que invita a regresar.
Ademais, o comisario do Xacobeo aproveitou para invitar a todos os presentes a facer o Camiño de Santiago no próximo Ano Santo Xacobeo. Un ano 2027 que “vai amosar ao mundo que Galicia está no seu mellor momento”.
Novas relacionadas