Miranda reúnese con Pablo Ferreiroa, figura destacada da comunidade galega en Miami, para abordar proxectos futuros en Florida
Santiago de Compostela (A Coruña), 16 de setembro de 2024.
O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Pablo Ferreiroa, figura relevante dentro do asociacionismo galego en América, con especial proxección en Venezuela e agora en Miami. Durante o encontro, abordáronse diversas iniciativas para reforzar a presenza e cohesión da comunidade galega en Miami, centradas en proxectos futuros que poidan mellorar a calidade de vida dos galegos.
Durante o encontro subliñouse a importancia de continuar promovendo actividades que manteñan viva a cultura e as tradicións galegas en Miami, onde residen preto de 12.000 galegos, o que a converte na segunda cidade con maior presenza galega nos Estados Unidos, só superada por Nova York, con máis de 20.000.
Novas relacionadas




