Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
24Febreiro2023Miranda salienta en Xenebra que o programa Retorna Cualifica Emprego é “o pulo definitivo para facilitar o regreso dos galegos do exterior” audio O secretario xeral da Emigración explicou, da man da entidade A Nosa Galiza de Xenebra, as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Antonio Rodríguez Miranda e as fundacións Nortempo e Venancio Salcines destacaron a iniciativa destinada a atraer galegas e galegos do exterior para postos de traballo de difícil... Máis información
-
24Febreiro2023O especial “Historias de ida e volta” de febreiro afonda no labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. O especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega a febreiro afondando no labor filantrópico... Máis información
-
23Febreiro2023As circunstancias coas que se enfrontaron no retorno centran o encontro entre Emigración e os bolseiros e bolseiras BEME da UDC audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantiveron un encontro con estas e estes alumnos que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna. Nesta universidade están a estudar, grazas a esta bolsa de excelencia académica, 61 galegas e galegos universitarios do exterior, 7 deles no campus de Ferrol. O secretario xeral da... Máis información
-
22Febreiro2023A Xunta celebrará en Galicia a finais de setembro o Consello de Comunidades Galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, no que se estableceron os relatorios que serán obxecto de traballo neste encontro e que estarán centrados nos eidos da galeguidade, a cultura, o ámbito social e o retorno. A reunión permitiu coñecer o informe da actividade da Secretaría Xeral da Emigración durante o 2022, destacando as de promoción do Xacobeo e a... Máis información
-
22Febreiro2023A Xunta leva a Suíza o programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrece, en Galicia, ata 400 postos de traballo indefinidos para galegas e galegos do exterior audio O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Estará acompañado de representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, quen exporán os detalles da iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que ofrece... Máis información
-
21Febreiro2023Miranda felicita ao Centro Galego de Valparaíso polos seus 30 anos de traballo en prol da cultura galega en Chile audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co delegado do Centro Galego de Valparaíso de Chile en Galicia, Miguel Ángel Jopia, co obxectivo de analizar as actividades que están a desenvolver nos últimos meses nesta entidade e as que xa se están a proxectar de cara ao 2023, ano especialmente importante para esta agrupación, xa que chega ao seu 30 aniversario. Neste senso, aproveitou para felicitar ás e... Máis información
-
21Febreiro2023Galería de imaxes dos actos de presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 e da entrega de compostelas en Bos Aires audio A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, fixo entrega no Club Español de Bos Aires das compostelas e diplomas ás e aos participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo do pasado ano. Ademais, a continuación, nese mesmo espazo tamén tivo lugar a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 da Xunta de Galicia, que duplica tanto en medidas como en orzamento á anterior, pioneira en España e aprobada en... Máis información
-
20Febreiro2023A Xunta presentará en Suíza, o país europeo con maior colectividade galega, a Estratexia Galicia Retorna audio O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines exporán os detalles do novidoso programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrecerá formación e un contrato indefinido... Máis información
-
18Febreiro2023Emigración e o Centro Galego de Lleida presentan o novo número da revista Xurdimento dentro da Semana Cultural da entidade catalá audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, participou onte na presentación do novo número da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Esta actividade, que se engloba dentro da Semana Cultural desta entidade, reuniu a un bo número de socias e socios e colaboradores e colaboradoras do centro, e permitiu coñecer o contido desta revista que recolle as... Máis información
-
17Febreiro2023Miranda comparte unha visita á Cidade da Cultura con medio cento de mozos e mozas do grupo do Estadio Español de Las Condes (Chile) audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu hoxe con medio cento de mozos e mozas pertencentes ao grupo do Estadio Español de Las Condes de Chile, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por España e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela. Deste xeito, esta visita achégaos á cultura galega, potenciando así os vínculos de moitas e moitos deles, descendentes... Máis información
Páxinas |