Feijóo reunirase nos vindeiros días, durante a súa viaxe oficial a Panamá e México, cos presidentes de ámbolos dous países

O presidente da Xunta manterá distintos encontros empresariais, entre o 22 e o 24 de setembro, co obxectivo de reforzar a presenza das empresas galegas no exterior e atraer novos investimentos para a comunidade.

O encontro co presidente da República de Panamá, Ricardo Martinelli, celebrarase o xoves, 22 de setembro; e o venres 23, o titular da Xunta reunirase con Felipe Calderón Hinojosa, presidente dos Estados Unidos Mexicanos.

O titular da Xunta manterá unha xuntanza co Administrador do Canal de Panamá e participará no encontro empresarial organizado por Novacaixagalicia Banco, no que intervirá, tamén, o presidente da entidade financeira, José María Castellano.

Presidirá, en terras mexicanas, a inauguración da Plataforma Empresarial de Exportación Galega (PEXGA), no que participarán, entre outros, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.

Amais de manter entrevistas institucionais con autoridades mexicanas e panameñas, reunirase coa colectividade galega e os seus representantes en ámbolos dous países.

Listen to this page using ReadSpeaker
21 de setembro de 2011.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase durante a súa viaxe oficial a Panamá e México, que terá lugar nos vindeiros días, cos presidentes de ámbolos dous países. O encontro co presidente da República de Panamá, Ricardo Martinelli, celebrarase o xoves, 22 de setembro; e o venres, 23, o titular do Goberno galego manterá un encontro con Felipe Calderón Hinojosa, presidente dos Estados Unidos Mexicanos.

A viaxe institucional do responsable do Goberno galego comezará o xoves, en Panamá onde, despois de ser recibido polo embaixador de España, Jesús Silva, inaugurará o Foro Empresarial Galicia-Panamá, no que participarán empresarios galegos e panañemos e que estará centrado na identificación de oportunidades de negocio e investimento. Así mesmo, visitará o Canal de Panamá e manterá un encontro co seu administrador, Alberto Alemán.

Na mañá do venres, Alberto Núñez Feijóo reunirase co presidente dos Estados Unidos Mexicanos, Felipe Calderón. E continuará, no seu primeiro día de estancia no país, coas citas empresariais, entre as que destaca o encontro empresarial organizado por Novacaixagalicia Banco no que intervirá, ademais do mandatario autonómico, o presidente da entidade financeira, José María Castellano.

O sábado 24, o titular da Xunta presidirá, en terras mexicanas, a inauguración da Plataforma Empresarial de Exportación Galega (PEXGA), no que participarán, entre outros, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.

Nesta viaxe oficial a Panamá e a México, Feijóo estará acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, na procura de reforzar a presenza das empresas galegas no exterior e atraer novos investimentos para a comunidade.

Aínda que o obxectivo primordial da viaxe é lograr unha maior internacionalización da economía galega, o presidente da Xunta aproveitará a súa estancia en Centroamérica para, amais de manter encontros institucionais coas autoridades panameñas e mexicanas, reunirse coa colectividade galega e os seus representantes en ámbolos dous países.

978 lecturas