Feijóo resalta a ‘Festa do Pulpo’ do Carballiño como exemplo da Galicia acolledora e aberta

O presidente da Xunta participou este mediodía na LV edición desta Festa de Interese Turístico Nacional. 

Avoga por seguir apostando por unha Galicia anfitrioa que converte á e ao visitante nun galego máis. 

Felicitou ao Centro Galego de Nüremberg, un centro que celebra o seu 25 aniversario e que, ao igual que Galicia, se fixo coa suma de identidades.

  • O presidente da Xunta felicitou ao Centro Galego de Nüremberg, un centro que celebra o seu 25 aniversario e que, ao igual que Galicia, se fixo coa suma de identidades
    O presidente da Xunta felicitou ao Centro Galego de Nüremberg, un centro que celebra o seu 25 aniversario e que, ao igual que Galicia, se fixo coa suma de identidades
  • O presidente da Xunta felicitou ao Centro Galego de Nüremberg, un centro que celebra o seu 25 aniversario e que, ao igual que Galicia, se fixo coa suma de identidades.
    O presidente da Xunta felicitou ao Centro Galego de Nüremberg, un centro que celebra o seu 25 aniversario e que, ao igual que Galicia, se fixo coa suma de identidades.

Listen to this page using ReadSpeaker
O Carballiño (Ourense), 13 de agosto de 2017.

O presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a Festa do Pulpo do Carballiño como exemplo da Galicia acolledora e aberta. Unha Galicia que ten moito que ofrecer e que quere recibir o que achega o visitante, “porque a nosa identidade –dixo- fíxose sumando”.

Durante a celebración desta Festa de Interese Turístico Nacional, Feijóo recordou que a nosa Comunidade é a suma de culturas antergas, “como as que repousan no castro de San Cibrao de Las”; do traballo das xeracións que nos preceden; das vivencias dos galegos e as galegas que están fóra; e, tamén, da pegada que deixan os peregrinos e pregrinas. E avogou por seguir apostando por unha Galicia tolerante e anfitrioa, “que converte ao visitante nun galego máis”.

Nesta liña, resaltou que se a Festa do Pulpo foi e é unha cita inesquecible do mundo da emigración, agora tamén é unha cita obrigada para as e os turistas que visitan a Comunidade e queren disfrutar da gastronomía e dun prato cun gran poder de convocatoria e sinónimo de convivencia e celebración.

O responsable do Goberno galego aproveitou o acto para dar as grazas a todas e todos os visitantes por elixir Galicia e para felicitar ao Centro Galego de Nüremberg, un centro que celebra o seu 25 aniversario e que, ao igual que Galicia, se fixo coa suma de identidades.

946 lecturas