Feijóo refírese ao labor da Asociación Día de Galicia en Asturias como a proba de que a galeguidade se constrúe desde a unión e a suma de identidades

O titular da Xunta recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra da asociación. 

Destaca que a identidade galega se engrandece cando se enlaza con achegas doutras culturas. 

  • O titular da Xunta recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra da asociación.
    O titular da Xunta recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra da asociación.
  • O titular da Xunta recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra da asociación.
    O titular da Xunta recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra da asociación.
  • O titular da Xunta recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra da asociación.
    O titular da Xunta recibiu hoxe a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra da asociación.
Listen to this page using ReadSpeaker
Oviedo (Asturias), 17 de setembro de 2017.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao labor da Asociación Día de Galicia en Asturias como a proba de que a galeguidade se constrúe desde a unión e a suma de identidades, nunca desde a ruptura.

Feijóo reivindicou o galeguismo inclusivo como a mellor forma de afrontar o mundo interconectado no que vivimos e destacou que a identidade galega se engrandece cando se enlaza con achegas doutras culturas, fronte ao nacionalismo excluínte que pecha ás sociedades en si mesmas e as divide internamente.

Durante o acto de celebración do XXII aniversario da asociación, no que recibiu a insignia de ouro e brillantes e o carné de presidente de honra, o titular do Goberno galego valorou o seu traballo dedicado a divulgar a cultura e a gastronomía de Galicia, así como o bo facer das nosas empresas.

789 lecturas