Feijóo refírese a Isaac Díaz Pardo como o exemplo dunha vida dedicada a “un compromiso chamado Galicia” e afirma que será sempre “un referente para a construción do porvir”

O titular da Xunta presidiu na tarde de onte o acto de homenaxe a Díaz Pardo que tivo lugar na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.

“Entregounos un inmenso legado artístico. Puxo o seu xenio a traballar en sociedade. Adiantouse durante décadas á concepción máis actual da cultura como capital social e económico de Galicia”, salienta.

Afirma que Díaz Pardo atópase entre eses galegos e galegas capaces de transformar as súas circunstancias en forza creativa, capaces de recoller o mellor do legado que lles deixaron e convertelo en futuro, capaces de establecer proxectos novos nunha ilusión compartida.

Ademais de intelectual, artista, artesán, emprendedor e mecenas destaca que súa tarefa principal foi “a de tecer soños”; “sabe que o futuro da súa terra non está nos resignados, senón nos que loitan cada día contra a realidade para transformala”.

Lembra a súa creatividade artística inesquecible e tamén a súa creatividade emprendedora que agromou en proxectos como o Laboratorio de Formas, no Seminario de Estudos Galegos, en Edicións do Castro, ou nas cerámicas do Castro e Sargadelos.

  • Imaxe do acto de homenaxe a Isaac Díaz Pardo na Cidade da Cultura de Galicia
    Imaxe do acto de homenaxe a Isaac Díaz Pardo na Cidade da Cultura de Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse na tarde de onte a Isaac Díaz Pardo como o exemplo dunha vida dedicada a un compromiso, “un compromiso chamado Galicia”, e asegurou que “Don Isaac será sempre un referente para a construción do futuro, do porvir”.

Feijóo, que presidiu o acto de homenaxe na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, destacou que Díaz Pardo modelou Galicia con dedicación “e esa Galicia que tanto quixo –aseverou- vaino estrañar moito”. “Entregounos un inmenso legado artístico. Puxo o seu xenio a traballar en sociedade. Adiantouse durante décadas á concepción máis actual da cultura como capital social e económico de Galicia”.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego afirmou que “rendéndolle tributo, rendémosllo tamén a tantos galegos que conseguiron cambiar o destino do noso país en cada momento da nosa historia colectiva. Son eles –dixo- os que lograron que nos vexamos a nós mesmos como un pobo capaz, creativo, apto para empresas colectivas; un pobo protagonista”.

Feijóo resaltou que Isaac Díaz Pardo atópase entre eses galegos e galegas capaces de transformar as súas circunstancias en forza creativa, capaces de recoller o mellor do legado que lles deixaron e convertelo en futuro, capaces de establecer proxectos novos nunha ilusión compartida. “Malia que a Galicia das ansias de Don Isaac aínda non se albiscaba, non lle faltou a este home de corpo miúdo a forza para debuxar nela camiños polos que andala e recompoñela”.

“Intelectual, artista, artesán, emprendedor, mecenas”, o presidente da Xunta destacou que Don Isaac foi “todas esas cousas”, pero salientou que a súa tarefa principal foi, “sen dúbida, a de tecer soños”.

“El teima por soñar e acompañar os soños dos demais. Non hai para el proxectos ilusorios. Sabe que o futuro da súa terra non está nos resignados, senón nos que loitan cada día contra a realidade para transformala. Aprendeuno a carón do seu pai, e aprendeuno no taller no que, sendo un rapaz, coñeceu a Castelao e as inquedanzas dos que loitaban daquela por unha Galicia estatutaria e polo agromar dunha realidade nova”, aseverou.

Feijóo concluíu facendo referencia á súa creatividade artística inesquecible pero tamén á súa creatividade emprendedora que agromou en innumerables proxectos, como o Laboratorio de Formas, no Seminario de Estudos Galegos, en Edicións do Castro, ou nas cerámicas do Castro e Sargadelos.

1183 lecturas