O Consello da Cultura Galega homenaxeou en Madrid, na Residencia de Estudiantes, a Isaac Díaz Pardo

No transcurso do acto, puido visionarse a súa obra “O crime de Londres. A criada que estrangulou á súa ama pola música”.

Isaac Díaz Pardo
Isaac Díaz Pardo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012.

O Consello da Cultura Galega, xunto coa Residencia de Estudiantes, homenaxeou en Madrid a Isaac Díaz Pardo (1920-2012), referencia polifacética da Galicia contemporánea. O acto celebrouse na Residencia de Estudiantes (r/ Pinar, 21) o mércores 19 de decembro ás 19,30 h. horas e contou coas intervencións de Manuel Aznar Soler, Antonio Bonet Correa, José García-Velasco, Alfonso Paz-Andrade, Nicolás Sánchez Albornoz e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.

Con motivo desta homenaxe puido verse a obra de Isaac Díaz Pardo, O crime de Londres. A criada que estrangulou á súa ama pola música, 16 debuxos orixinais realizados en tinta china sobre papel, 50 x 60 cm., en 1977. O soporte é un vídeo que se proxeta en varias pantallas situadas no hall de recepción da Residencia de Estudiantes.

No acto colaboraron Amigos de la Residencia de Estudiantes, o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a Fundación Arte, Ciencia y Diálogo e a Institución Libre de Enseñanza.

 

Fonte: Consello da Cultura Galega

839 lecturas