Feijóo: “non imos esquecer nunca que hai tres heroes que están na memoria colectiva do pobo de Galicia”

Agradece todos os medios que o Goberno de España, a Xunta e o Concello da Coruña puxeron a disposición para recuperar os corpos dos tres funcionarios públicos do Corpo Nacional de Policía.

Destaca as mostras de solidariedade recibidas desde toda España durante todo este proceso.

  • O presidente da Xunta asistiu na tarde do venres ao acto de condecoración, a título póstumo, coa Medalla de Ouro ao Mérito Policial a Rodrigo Maseda, un dos policías falecido na praia coruñesa do Orzán
    O presidente da Xunta asistiu na tarde do venres ao acto de condecoración, a título póstumo, coa Medalla de Ouro ao Mérito Policial a Rodrigo Maseda, un dos policías falecido na praia coruñesa do Orzán

Listen to this page using ReadSpeaker

“Non imos esquecer nunca que hai tres heroes que están na memoria colectiva do pobo de Galicia”. Con estas palabras, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo recordar aos tres policías falecidos a pasada semana na praia coruñesa do Orzán.

Feijóo, que asistiu na tarde do venres ao acto de condecoración, a título póstumo, coa Medalla de Ouro ao Mérito Policial a Rodrigo Maseda, un dos policías falecidos, afirmou que o pobo galego non vai esquecer que hai tres persoas que deron a vida nun acto de servizo. As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e, neste caso, a Policía acaban de acreditar que son persoas que están adestradas para salvar, incluso poñendo en risco a súa propia vida. E estas cousas, que ás veces as esquecemos, lamentablemente témolas que recordar cunha traxedia desta natureza”.

O presidente galego quixo agradecer todos os medios que o Goberno de España, a Xunta e o Concello da Coruña puxeron a disposición para recuperar os corpos dos tres funcionarios públicos do Corpo Nacional de Policía. “Agradecer ao Ministerio do Interior a decisión, desde o primeiro momento, na mobilización de medios e tamén a decisión de conceder unha medalla de ouro a título póstumo para que os seus causahabientes poidan ter un recordo permanente da súa folla de servizos”.

Por último, o presidente do Goberno galego quixo agradecer ao alcalde de Burela e ao alcalde de Friol “o agarimo que tiveron, desde o primeiro momento, coas familias”; así como as mostras de solidariedade recibidas desde toda España durante todo este proceso “porque estes policías –concluíu-, non os podemos esquecer, forman parte da gran obra que fan todos os días os policías nacionais e a Garda Civil”.

1103 lecturas