A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina dá a coñecer as e os gañadores do II Certame Literario de Narrativa Breve

O acto de entrega de premios terá lugar o próximo venres 14 de decembro, na sede da entidade.

A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina dá a coñecer as e os gañadores do II Certame Literario de Narrativa Breve
A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina dá a coñecer as e os gañadores do II Certame Literario de Narrativa Breve
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 9 de decembro de 2012.

A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina comunicou os nomes das persoas que resultaron gañadoras do II Certame Literario de Narrativa Breve, organizado pola citada institución, cuxa temática foi "Galicia meiga".

O Primeiro Premio foi para Anahí Almasia pola súa obra Meigallos do Acevo; o Segundo Premio correspondeulle a José Ramón Alonso Peña polo seu relato La bruja del autobús; mentres que o Terceiro Premio outorgouse a Luz Magadán polo seu traballo Casca amarga.

O xurado resaltou con mencións especiais os seguintes traballos: Eu non creo nas meigas, presentado por Sergio Eduardo Leva; Os contos do monte, escrito por Pablo Andrés Moar; e Arión y la agoreira, de Liliana Savoia.

Así mesmo, foron seleccionados os seguintes textos para conformar, xunto cos anteriores, a segunda antoloxía a editarse con ocasión deste II Certame:

 

  • Volvendo ao feitizo, de Horacio Martín Rodio
  • Atanasio y las meigas, de Ana María Labaronnie de Rodríguez Mera
  • O suicida, de Xulio Romero Suárez
  • Las cañotas literarias, de Vicente Boado Quijano
  • El cazador de sonidos, de Nelson Torres Muñoz
  • La cazadora, de José Carlos Barroso Benítez
  • Pancaro y mataquintos, de Juan Jesús Luna Jurado
  • Ronsel de Estrelas, de Pedro Velázquez Vilanova
  • El Castro, de María Cruz Vilar Ruiz
  • Lúa y los dones, de Isabel Mejuto
  • De meigas y otras yerbas, de Graciela Pedro
  • Rastros en la arena, de Gregorio Andrés Echeverría Vidal
  • Infinda, de Silvia Rodríguez López
  • A meiga galega, de Philip Webb
  • Valego, de Rodolfo Oscar Moirón
  • Dicen que fue un sueño, de Mónica Alejandra Carrizo
  • Intrépidos, de Ángela Prado
  • Los guardianes del paraíso, de Alberto Vázquez López
  • Sons de antano, de Pedro Naveira Pedreira
  • El puente de la memoria, de Rodolfo Nicolás Capaccio
  • El bosque, de María José Aguerrondo Rodríguez
  • As luciñas do avó, de Ana Lorenzo García
  • La guía del purgatorio, de José Manuel Gómez Vega
  • Orígenes, de Alejandro Sueiras Hernández
  • Agonía entre dos mundos, de Fulvio Augusto Rottaris
  • A meiga madre, de Nedy Cristina Varela Cetani
  • Encuentro con el destino, de José García
  • Pura, de Isabel Permuy
  • El sueño de la meiga, de César Augusto Álvarez Téllez

As e os integrantes do xurado, Hernán Díaz, Débora Campos, Mariela Sánchez e Mariana D'Agostino, destacaron o aumento da participación da comunidade nun certame que xa non só convoca a integrantes da colectividade galega senón que se está a facer un espazo na sociedade en termos máis amplos. O xurado saudou así mesmo a creatividade exhibida nos textos premiados para dar conta dunha temática tradicional da cultura de Galicia dende puntos de vista innovadores e actuais.

O acto de entrega de premios, con entrada libre e gratuíta, levarase a cabo o próximo venres 14 de decembro, ás 19,30 h., na sede da Federación -situada en Chacabuco, 955, do barrio porteño de San Telmo- onde se ofrecerá un brinde en homenaxe ás e aos galardoados. No devandito evento terá tamén lugar a presentación do libro Vivencias de la Emigración Gallega, que contén unha selección dos relatos seleccionados polo xurado con ocasión do Certame Literario de narrativa Breve 90º Aniversario.

En imaxes
701 lecturas