A A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá entregou os premios do seu certame literario anual

Cruz Martínez Vila, en poesía, e Tito Pérez Pérez, na modalidade de novela, foron as persoas gañadoras na edición deste ano.

  • Ao acto acudiron autoridades, persoas asociadas, amigas e amigos e membros doutras entidades galegas de Cataluña.
    Ao acto acudiron autoridades, persoas asociadas, amigas e amigos e membros doutras entidades galegas de Cataluña.

Listen to this page using ReadSpeaker
Cornellà de Llobregat, 3 de decembro de 2012.

Este pasado sábado, 1 de decembro, tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2012, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) que este ano acada a súa  XXVI edición na modalidade de poesía e a IX en narrativa, e no que foron galardoadas cos primeiros premios as seguintes persoas:  Cruz Martinez Vila  en poesía polo seu poema Contemplo o proceso inevitábel da despedida e Tito Pérez Pérez na modalidade de narrativa polo seu traballo Ensaio encol da liberdade.

A gala celebrouse nas dependencias da entidade, estivo presidida polo alcalde da cidade de Cornellá, Antonio Balmón, e o presidente da Asociación, Alfonso Rico García, e asistiron numerosas persoas asociadas e amigos e amigas da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a política de Cataluña, ademais de representantes do Pleno Municipal de Cornellá e delegacións do resto de entidades galegas de Cataluña. O acto foi precedido dunha conferencia na que o escritor e ex-alcalde de Lobios (Ourense), Xosé Lamela Bautista fixo unha exhaustiva exposición das bondades do parque natural do Xurés.

O xurado cualificou de moi importante o nivel desta edición, e alabou a fantástica participación. Así mesmo, o presidente do xurado salientou a excelencia do traballo desenvolvido pola entidade, as persoas colaboradoras e os poetas e poetisas neste fermoso labor de 26 anos de certame, radio, revista, etc...

Premios na modalidade de poesía en Lingua Galega (26 Edición)

  • Primeiro premio: Cruz Martínez Vila, de Vigo, polo seu poema titulado Contemplo o proceso inevitábel da despedida (Dotación: 500 €)
  • Segundo premio: Yolanda López López, de Ourense e residente en Madrid, polo poema Necrópoles de soños (Dotación: 300 €)
  • Terceiro premio: Anxo Mena Rodríguez, de A Coruña, polo seu traballo Vou deixarme de espiar (Dotación: 200 €)

Modalidade de narrativa
Na modalidade de narrativa o mesmo xurado concedeu o premio da Novena Edición do Certame Rosa Reboredo, ao traballo en galego presentado por Tito Pérez Pérez, de A Coruña, Ensaio encol da liberdade (dotado con 500 €). Tamén se concedeu unha mención especial ao traballo en catalán presentado por Ángel Fabregat i Morera titulado Els herois malvats.

O xurado de esta 26 edición estivo composto por:

  • Presidente: Xosé Lamela Bautista (escritor)
  • Vicepresidente: Domingo Tabuyo Romero (escritor e profesor)
  • Secretario: Xosé Carlos G. González (filólogo e escritor)
  • Vogais:
    -Xulio Simón Rúa (profesor e escritor)
    -Xulio Couxil Vázquez (profesor e director de Sempre en Galiza)
    -Pura Salceda Carballeda (escritora)

Fotos: A.C.G Rosalía de Castro de Cornellá en facebook

1837 lecturas