Alberto Martí expón as súas fotografías da diáspora na Fundación Barrié

A mostra Os adeuses inaugúrase este 8 de abril.

Listen to this page using ReadSpeaker

As despedidas dos emigrantes que partían dos portos de Vigo e A Coruña para buscar unha oportunidade no outro lado do Atlántico foron rexistrados durante 50 anos polo fotógrafo coruñés Alberto Martí Villardefrancos. O traballo converteuse na exposición Os adeuses, que alberga a Fundación Pedro Barrié de la Maza da Coruña entre o 8 de abril e o 22 de maio.

As 73 instantáneas xiran en torno a tres ideas: a despedida, o regreso a Galicia e o secuestro do trasatlántico Santa María. Todas as imaxes foron realizadas entre os anos 50 e 70 do pasado século.

Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922) leva máis de setenta anos dedicado á fotografía e recibiu gran cantidade de premios nacionais e internacionais, en cidades como Madrid, Barcelona e Bos Aires. A exposición poderase ver de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, de martes a domingo. A Fundación está situada en Cantón Grande 9. Máis información no teléfono 981 221 525.

1303 lecturas