Fabiola García traslada o cariño e o agradecemento da Xunta aos galegos e galegas que viven en Suíza

Salientou que as e os galegos no exterior son os mellores embaixadores que pode ter Galicia.

  • A conselleira de Política Social e Xuventude asistiu en Zürich ao tradicional festexo de San Nicolás que organiza a Asociación ‘As Xeitosiñas’
    A conselleira de Política Social e Xuventude asistiu en Zürich ao tradicional festexo de San Nicolás que organiza a Asociación ‘As Xeitosiñas’

Listen to this page using ReadSpeaker
Zürich (Suíza), 4 de decembro de 2023.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, trasladou unha mensaxe de cariño e agradecemento a todas e todos os galegos do exterior sobre os que dixo que son os mellores embaixadores que pode ter Galicia. Fíxoo na celebración da Gran Festa de Nadal San Nicolás que organiza a Asociación ‘As Xeitosiñas’ e na que se reúne a comunidade galega que vive en Zürich.

Fabiola García agradeceu a invitación da Asociación ‘As Xeitosiñas’ a participar neste festexo. Durante a xornada, a conselleira tivo a oportunidade de visitar a sede desta entidade fundada nos anos 80 do século pasado para fomentar e manter os vínculos con Galicia e difundir a súa lingua e cultura. Entre outras actividades, conta con grupo de baile e banda de gaitas.

No festexo de San Nicolás tamén participou o cónsul de España en Suiza, Francisco José Rabena Barrachina, e no transcurso do mesmo déuselle o máximo galardón que concede ‘As Xeitosiñas’ ao pai Pedro como despedida, xa que regresa a España.

267 lecturas