Fabiola García enxalza o papel dos galegos emigrados na mellora da calidade de vida das persoas maiores

Destaca o labor de mulleres emigradas como Regina Jallas, natural de Santa Comba, e actual presidenta de honra da entidade Recreio dos Anciãos.

  • A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López, visitou a residencia Santiago Apóstol, en Río de Xaneiro
    A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López, visitou a residencia Santiago Apóstol, en Río de Xaneiro

Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 28 de xullo de 2023.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, visitou a residencia Santiago Apóstol, en Río de Xaneiro, onde enxalzou o papel dos galegos emigrados na mellora da calidade de vida das persoas maiores. A visita foi guiada por Regina Jallas, presidenta de honra da entidade Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada, e pola actual presidenta da organización, Esther Pérez.

A conselleira resaltou que foi grazas a persoas como Regina Jallas, galega emigrada desde Santa Comba, que se puxeron en marcha iniciativas como esta residencia, que presta atención residencial a persoas maiores sen amparo familiar. A entidade Recreio dos Anciãos conta con máis de 80 anos de historia e permite proporcionar casa, alimentación, vestiario e asistencia médica ás persoas que máis o necesitan.

Fabiola García asinou durante a visita un protocolo de colaboración por valor de 10.000 euros con esta organización para axudar no seu funcionamento. Con esta visita, a conselleira dá por rematada a súa estadía no país brasileiro e poñerá rumbo á Arxentina para seguir a viaxe institucional de colaboración con entidades que prestan atención a maiores na diáspora.

140 lecturas