A Xunta reforza a colaboración coas sociedades Rosalía de Castro en Brasil para mellorar a atención nos seus centros de día

Asinou dous protocolos de colaboración cos centros de día destas entidades, por un valor de 10.000 euros cada un, para garantir a súa calidade de atención.

  • A conselleira de Política Social e Xuventude realiza esta semana unha viaxe institucional por América Latina, cuxa primeira parada está na cidade de São Paulo
    A conselleira de Política Social e Xuventude realiza esta semana unha viaxe institucional por América Latina, cuxa primeira parada está na cidade de São Paulo

Listen to this page using ReadSpeaker
São Paulo (Brasil), 26 de xullo de 2023.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, iniciou onte a súa viaxe institucional por América Latina, coincidindo co Día de Galicia. Neste primeiro día, visitou os dous centros de día de atención a maiores das Sociedades Beneficientes Rosalía de Castro en São Paulo e Santos, Brasil, onde asinou protocolos de colaboración para seguir axudando a mellorar a atención aos maiores emigrados na diáspora.

Estes convenios, cun orzamento de 10.000 euros cada un, permitirán mellorar a atención destes servizos de prevención e coidado a maiores. A conselleira sinalou que mediante este apoio, o Goberno galego volve demostrar que non esquece aos galegos na diáspora e que segue a apoiar o seu benestar a nivel social e sanitario para que poidan vivir esta etapa das súas vidas do mellor xeito posible.

Así mesmo, a conselleira tamén se achegou ao Centro Español y repatriación no municipio de Santos, un centro que na actualidade serve para fomentar o espírito de galeguidade entre a colectividade galega neste país. Fabiola García destacou que Galicia segue estando moi presente neste país a través da cultura, a tradición e o recordo dos máis maiores e animou a seguir conservando o vínculo coa sociedade galega no exterior. 

  • Audio: Declaracións da conselleira de Política Social e Xuventude | Descargar
114 lecturas