Fabiola García destaca que a Tarxeta Benvida chegou a preto de 67.000 galegas e galegos durante os últimos cinco anos

O Goberno galego investiu neste tempo un total de 91 millóns de euros.

O Diario Oficial de Galicia publicou onte unha nova orde que destina 32,2 millóns de euros á convocatoria de 2021.

  • A conselleira de Política Social mantivo un encontro con dúas das familias beneficiarias desta axuda no concello de Lousame
    A conselleira de Política Social mantivo un encontro con dúas das familias beneficiarias desta axuda no concello de Lousame

Listen to this page using ReadSpeaker
Lousame (A Coruña), 20 de xaneiro de 2021.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que a Tarxeta Benvida chegou a preto de 67.000 galegas e galegos durante os seus cinco anos de vida. Desde 2016 o Goberno galego leva investidos un total de 91 millóns de euros nesta prestación, segundo lembrou a responsable do departamento autonómico nun encontro mantido con dúas das familias beneficiarias desta axuda no concello coruñés de Lousame.

Fabiola García sinalou que esta aposta incondicional continuará durante este ano 2021. Neste sentido, apuntou que o Diario Oficial de Galicia publicou onte unha nova orde que destina 32,2 millóns de euros a esta axuda, e que permitirá que as e os nacidos neste ano sigan tendo acceso a ela para a compra de produtos básicos como alimentos, cueiros, roupa, berces ou produtos de hixiene e farmacéuticos.

Neste sentido, resaltou que a Xunta foi mellorando durante estes anos a Tarxeta Benvida para chegar cada vez a máis familias. Entre outras modificacións, ampliouse o prazo para solicitala durante o embarazo; aplicouse un complemento ás familias que viven en concellos de menos de 5000 habitantes, ás familias numerosas e ás familias con menos recursos; e adaptou os requisitos para que a poidan solicitar as galegas e os galegos retornados.

Outras axudas
Por outro lado, a conselleira fixo fincapé en que a Xunta tamén impulsa outras medidas destinadas a converter Galicia no mellor lugar para formar unha familia. É o caso da gratuidade das escolas infantís para segundas fillas e fillos e sucesivos, que beneficia aos centros autonómicos, privados, de iniciativa social e aos municipais que, como no Concello de Lousame, decidisen adherirse.

Así mesmo, concretou que todas estas medidas para apoiar ás familias galegas están incluídas na Lei de Impulso Demográfico, que se debaterá a semana próxima no Parlamento galego para a súa aprobación definitiva. Trátase, engadiu, dunha normativa que converterá a Galicia en pioneira en elevar a rango de lei as políticas demográficas.

441 lecturas