Fabiola García anima o comercio galego a complementar os beneficios da Tarxeta Benvida con novos descontos para as familias que a presenten, nas que se inclúen as emigrantes retornadas

Chegou a un total de 70.000 galegas e galegos durante os últimos cinco anos a través de contías directas e descontos en comercios adheridos.

Ofrece unha axuda de 1200 euros durante o primeiro ano, o dobre no caso das familias numerosas, que se pode estender ata o terceiro ano de vida da nena ou neno e, en casos excepcionais, ata o cuarto.

Para as pequenas e pequenos nacidos no rural as contías increméntanse nun 25%, de maneira que poden chegar aos 3000 euros ao ano.

A Xunta leva investidos 176 millóns nesta tarxeta, unha das axudas insignia do Goberno galego.

A Tarxeta Benvida é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna, coordinada pola SXE
A Tarxeta Benvida é unha das preto de sesenta medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna, coordinada pola SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, animou o comercio galego a complementar os beneficios da Tarxeta Benvida con novos descontos para as familias que a presenten. Foi durante un encontro celebrado na Cidade da Cultura con dúas nais beneficiarias desta prestación ao longo dos últimos cinco anos con motivo da presentación do seu novo deseño.

Fabiola García sinalou que durante este tempo esta tarxeta chegou a un total de 70.000 galegas e galegos tanto a través de contías directas, como con descontos adicionais en comercios que se adhiran a ela. Na actualidade son dez os establecementos que ofrecen descontos, polo que convidou aos comercios a que se sumen a esta axuda complementaria.

Así mesmo, lembrou que coa Tarxeta Benvida as familias reciben no primeiro ano 1200 euros, o dobre no caso das familias numerosas, que se poden estender ata os tres anos ou ata os catro no caso dos fogares que máis o precisan. Ademais, para as pequenas e pequenos nacidos no rural, as contías increméntanse nun 25% ata chegar aos 3.000 euros ao ano.

Axuda insignia
Desde o 2016 a Tarxeta Benvida contou cun investimento de 176 millóns de euros para acompañar ás galegas e galegos na compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, produtos de hixiene e farmacéuticos. Unha das axudas insignia do Goberno galego, xunto coa Caixa Benvida, que agora mudan o seu aspecto con cores azuis e brancas en homenaxe á bandeira galega.

A conselleira puxo en valor a aposta da Xunta polas familias galegas. Neste sentido destacou que, xunto con esta Tarxeta Benvida, poden beneficiarse de vantaxes como a gratuidade das escolas infantís para segundas e segundos fillos e sucesivos; o Bono Concilia para primeiros fillos e fillas, que vén de incrementarse nun 10%; ou o apoio ás familias do rural, con deducións fiscais para a compra de vivenda e a posta en marcha de preto de 80 casas niño en toda Galicia.

546 lecturas