A entrega da Medalla de Galicia, punto de encontro do secretario xeral da Emigración coa Galicia exterior
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu con galegas e galegos do exterior, o emotivo momento de recoñecemento ao dispositivo de vacinación da COVID-19 ao que se lle outorgou a Medalla de Ouro de Galicia.
Á entrega asistiron persoas galegas asentadas fóra de Galicia en México, Río de Xaneiro, Nova York, Liechtenstein e Madrid.
O colectivo de emigrantes retornadas e retornados estivo representado pola Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) e a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia.
Novas relacionadas




