Emigración e Política Lingüística asisten á entrega de premios do concurso “Cousas do retorno” da Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia

Imaxe da entrega de premios do concurso 'Cousas do retorno' en San Roque (Santiago de Compostela)
Imaxe da entrega de premios do concurso "Cousas do retorno" en San Roque (Santiago de Compostela)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2021.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu, xunto á subdirectora do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, á entrega dos premios do concurso “Cousas do Retorno” que organizou a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (Ajerga) e que tivo como obxectivo visibilizar a historia dos galegos e galegas do exterior que retornaron a Galicia.

O acto tivo lugar na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística en San Roque, onde quedou instalada unha exposición coas pezas presentadas ao concurso. As gañadoras do primeiro premio, dotado con 250 euros, nas tres modalidades convocadas foron: en relato breve, Iglesias Gualati coa obra O eterno retorno de Macarena Iglesias Gualati; en peza audiovisual, Fortes González con La Escalera de Nely e en artes plásticas e fotografía, Loreley Ritta con Algúns nacen con estrelas.

509 lecturas