As entidades galegas do exterior poden solicitar desde hoxe apoios para cubrir gastos correntes e propostas de índole cultural e social

A liña conta cun orzamento de máis de 1,1 millóns e estará aberta durante un mes.

A Secretaría Xeral da Emigración complementará o programa en vindeiras datas con outro dotado con case 600.000 euros que terá por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos.

Imaxe de arquivo da visita do presidente da Xunta ao Centro Galego de Comodoro Rivadavia o pasado mes de setembro
Imaxe de arquivo da visita do presidente da Xunta ao Centro Galego de Comodoro Rivadavia o pasado mes de setembro
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020.

A partir de hoxe, e durante o próximo mes, as entidades galegas do exterior que o desexen poden acudir á liña de apoios activada para cubrir os gastos correntes e propostas de índole cultural e social en relación con Galicia e os galegos e galegas. 

A Secretaría Xeral da Emigración destina este ano máis de 1,1 millóns de euros a un programa co que consolida a súa aposta pola conservación da cultura, as tradicións e a atención ás e aos galegos que residen no exterior cunha liña de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos fins formativos, culturais, sociais, de xuventude e informativos das comunidades galegas. 
 
Nesta liña, cabe salientar que a dotación de máis de 1,1 millóns de euros da convocatoria deste ano supón un incremento do 10% do orzamento previsto, dando continuidade ao compromiso da Secretaría Xeral da Emigración coas entidades do exterior, que quedou reflectido no incremento dun 11,11 % que xa se aplicara a esta partida no ano 2016.

Así mesmo, o departamento autonómico complementará esta liña en vindeiras datas con outra dotada con máis de 600.000 euros que terá por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos.

En imaxes
693 lecturas