O DOG publica a orde que permitirá ás entidades galegas no exterior solicitar axudas para actividades e gastos de funcionamento, dotada cunha partida de 1,6 millóns de euros

Máis de un millón de euros deste orzamento están dirixidos aos gastos correntes e propostas de índole cultural e social en relación con Galicia e as e os galegos.

Os outros 575.000 euros dotación económica teñen por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de marzo.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria da orde de axudas para as entidades galegas no exterior. Deste xeito, a Secretaría Xeral da Emigración volve intensificar o seu apoio ás entidades galegas no exterior, en cumprimento do papel que lle outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, e que se ten desenvolvido na Lei de Galeguidade, na atención aos colectivos que aglutinan á diáspora galega fóra da comunidade galega.

O Goberno galego consolida, así, a súa aposta pola conservación da cultura, as tradicións e a atención aos galegos e as galegas que residen no exterior coa dotación de máis dun millón de euros á convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos fins formativos, culturais, sociais, de xuventude e informativos das comunidades galegas. A apertura do prazo de solicitudes desta liña de axudas dá continuidade ao compromiso da Secretaría Xeral da Emigración coas entidades do exterior, que quedou reflectido no incremento dun 11,11 % que se aplicou a esta partida no ano 2016.

Do mesmo xeito, tamén se consolida a dotación orzamentaria para axudas á conservación, obras, equipamentos e infraestrutura de instalacións, así como para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable, que este ano volven alcanzar os 575.000 euros.

Un mes a partir de mañá 
O prazo de presentación de solicitudes para ambas liñas de axuda abrirase mañá e se estenderá ata o vindeiro 11 de febreiro.

Cómpre lembrar que outros departamentos da Xunta (Consellerías de Economía e Emprego, Sanidade, Política Social, Medio Rural, etc.) tamén realizan achegas directas e indirectas a estas comunidades de galegas e galegos residentes no exterior, polo que a cifra destinada polo Goberno galego é sensiblemente superior á destes programas.

327 lecturas