Subvencións correspondentes aos programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020

Listen to this page using ReadSpeaker
2216 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 31 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
06.02.2020
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1. Axudas para de gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
  • Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
  • Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.

Entidades destinatarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria en cada programa as seguintes entidades:

  1. Programa 1: As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade, ó amparo da Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría de comunidade galega, de centro colaborador da galeguidade ou de federacións de comunidades e/ou entidades. 
  2. Programa 2: As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade, en calquera das categorías recollidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
  3. Programa 3: As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade, ó amparo da Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría  de comunidade galega  ou coa de federacións de comunidades e/ou entidades. 
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES*:  picar aquí para acceder á Sede Electrónica

*Nota: Tan só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) para todos os programas.

Outra documentación para consultar:

Prazo de presentación de solicitudes: desde o  07-02-2020 ata o 06-03-2020

NOTA: Resolución do 3 de marzo da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes ata o 16 de marzo de 2020 (picar aquí para descargar)

NOTA IMPORTANTE SOBRE O PRAZO DE SOLICITUDE (1): Segundo o establecido no punto Sétimo do acordo da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

NOTA IMPORTANTE SOBRE O PRAZO DE SOLICITUDE (2): Resolución do 29 de abril de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 3 de marzo de 2020, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (picar aquí para descargar).

Lugar de presentación das solicitudes:

A) Entidades con sede social en España
As entidades con sede social en España presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
B) Entidades con sede social no estranxeiro
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  1. En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou como anexo I das instrucións.
    Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común  das Administracións Públicas.

    No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

    Enderezo ó que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Praza de Mazarelos, 15 - 15703 Santiago de Compostela.

    Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante
  2. Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como ANEXO I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.

As solicitudes ou a documentación que se presente por Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o: 06-03-2020

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Comunidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160        
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
12.05.2020