O Centro Gallego de Tenerife ofreceu a súa merenda-cea do Nadal para as persoas sen recursos

A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico dende 1999.

  • Dende 1999 o Centro Gallego desta cidade canaria vén organizando este acto a prol das e dos que máis o necesitan
    Dende 1999 o Centro Gallego desta cidade canaria vén organizando este acto a prol das e dos que máis o necesitan

Listen to this page using ReadSpeaker
Santa Cruz de Tenerife, 23 de decembro de 2014.

O pasado sábado 20 o Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife organizou a xa tradicional merenda-cea do Nadal para as persoas que están a pasar dificultades económicas, á que cada ano soen acudir -en varias quendas ao longo da xornada- preto de 200 persoas sen recursos.

Un ano máis, o menú que se ofreceu na entidade galega foi elaborado e servido polos socios e socias e compoñentes da Xunta Directiva do centro galego na capital chicharreira e, ao seu remate, as e os asistentes recibiron cadansúa bolsa con comida e bebida. Esta xornada a prol das e dos que máis o necesitan estivo amenizada coas actuacións musicais do cantante venezolano, afincado en Tenerife, “Luis Alberto del Caribe”, como en anos anteriores, a cantante tinerfeña Tamara Ramos “La Niña de la copla” e o novo Grupo de gaitas do Centro Gallego.

Colaboraron desinteresadamente na provisión do acto as empresas Compañía Cervecera de Canarias, Cobega Embotelladora de Canarias, Coplaca, Fuente Alta, Donuts-Panrico, Libbys e Estrella de Galicia.

983 lecturas