Encontro Inmigración Vigo 2011

O próximo 12 de marzo en Vigo, a cidade da comunidade autónoma galega cun maior número de inmigrantes, vai ter lugar o Encontro Inmigración Vigo 2011.

Listen to this page using ReadSpeaker
7 de marzo de 2011.


Este Encontro está organizado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración co Porto de Vigo, a Fundación Porto de Vigo e a Deputación de Pontevedra, e terá lugar na Estación Marítima de Vigo (Peirao de Trasatlánticos, s/n) ás 17 horas.

Inaugurarase a exposición fotográfica Galicia somos todos, que consta de 22 pezas fotográficas de persoas inmigrantes residentes en Galicia, coa que se pretende favorecer o coñecemento do feito migratorio, así como contribuír á visibilización da achega que as persoas inmigrantes que viven e traballan en Galicia realizan ao progreso cultural, social e económico da nosa terra.

A exposición axuda a aproximarse ao fenómeno da inmigración dun xeito realista e sinxelo, en tanto narra historias de vida de veciños e veciñas que viven con nós nas que se dá conta de como chegaron, en que traballan e as súas ilusións e preocupacións.



Ao longo do Encontro tamén terán lugar as actuacións musicais de Macchu Picchu, Batuko Tabanka e Carlos Bau.

Para asistir ao acto, pódese recoller a invitación nos seguintes enderezos:

-    Secretaría Xeral da Emigración (c/ Basquiños nº 2. Santiago de Compostela)
-    Edificio Administrativo da Xunta en Vigo (c/ Concepción Arenal nº 8, 5ª planta. Vigo)
-    Autoridade Portuaria de Vigo (Praza da Estrela nº 1. Vigo)
-    Deputación de Pontevedra - sede de Vigo (c/ Oporto nº 3. Vigo)

2107 lecturas