As e os participantes no programa Reencontros con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración percorren as rúas de Vigo e Pontevedra
As e os 112 participantes no programa de Reencontros da Secretaría Xeral da Emigración puideron coñecer, durante as últimas horas, as rúas de Vigo e de Pontevedra, achegándose ata o porto da cidade olívica e percorrendo as prazas do casco histórico da vila do Lérez.
As e os participantes no programa Reencontros con Galicia proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior de máis de 65 anos coa Galicia actual e coas e cos seus familiares. Están aloxados na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e A Coruña foi o primeiro destino a percorrer durante estes dez días de estancia na comunidade autónoma. A Secretaría Xeral da Emigración ten como un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, así como manter os vínculos coa terra.
Novas relacionadas







