A emoción ante a Catedral de Santiago pon fin a experiencia dos mozos e mozas galegas do exterior que participaron no programa Conecta con Galicia de Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2023.

Coa emoción reflexada nos rostros dos preto de 30 mozos e mozas galegos do exterior que participaron na última quincena no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración ponse fin a dúas quendas de achegamento a realidade galega de rapaces entre 16 e 17 anos, residentes no exterior.

Achegándose ata as diversas zonas máis emblemáticas de Galicia como a Ribeira Sacra, o parque das Illas Atlánticas ou o asentamento romano de Aquis Querquennis en Ourense. Tamén puideron coñecer a realidade económica da nosa comunidade autónoma visitando varias empresas e asociacións. Este programa, realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, supuxo para moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

209 lecturas