O presidente da Xunta expresa o seu pesar polo falecemento da artista Ana Kiro

Louba a súa achega á música popular galega e o “seu profundo amor a Galicia”.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2010.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, lamentou hoxe a perda da artista Ana Kiro, e expresou as condolencias, en nome da sociedade galega, especialmente a todos os seus seguidores e á súa familia.

O mandatario galego loubou o traballo desta polifacética artista nada na localidade de Arzúa. Lembrou, sobre todo, a súa achega á música popular galega, sen esquecer as facetas de actriz e presentadora.

Pero se por algo destacou Ana Kiro foi “polo seu profundo amor a Galicia”, un sentimento “que espallou en todas as súas actuacións por Europa e América”, recalcou o presidente. Tamén puxo a Ana Kiro como un exemplo “de traballo e entrega do que todos nós temos algo que aprender”.

2000 lecturas