Emigrados galegos a Bos Aires de 75 anos de media chegan a Galicia gracias ao programa da Xunta "Volver á Terra"

A estadía total dos participantes será de un máximo de tres meses nos que se favorecerá o achegamento á terra e á familia.

No marco do programa Ven a Galicia, ben en Galicia visitan a terra 72 galegos maiores de 60 anos procedentes de Andalucía, Canarias, Castela León, Madrid, Catalunya, Euskadi e Francia.

Listen to this page using ReadSpeaker

58 emigrados galegos á Arxentina participantes do programa Volver á Terra- organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da consellería de Traballo e Benestar- aterraron hoxe no aeroporto de Lavacolla onde foron recibidos polas súas familias en Galicia e polo responsable do programa e subdirector xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Ramón Brigós.

O programa ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias a estes emigrantes galegos de máis de 60 anos de idade e que redescubran as súas raíces.

En total participan nas nesta segunda quenda 58 persoas procedentes de Arxentina. A media de idade no seu conxunto é de 75 anos- o maior deles vén de cumprir 91 anos de idade-.

A estadía total dos participantes é de tres meses e farase en dúas fases diferenciadas. Primeiramente desfrutarán de dúas semanas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño- Ourense- desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas aos participantes e poñéndose en contacto coa realidade actual da súa terra- propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia de hoxe- e o intercambio de experiencias co resto dos participantes. En canto á segunda fase, esta consiste nunha estadía cos seus familiares de Galicia ata completar o tempo máximo de tres meses.

72 participantes de España e Europa
Así mesmo, - e dentro do programa Ven a Galicia, ben en Galicia- visitan a terra 72 galegos procedentes de Andalucía, Canarias, Castela León, Madrid, Cataluña, Euskadi e Francia.

Entre o 18 de novembro e o 1 de decembro, durante catorce días, convivirán igualmente na Residencia de O Carballiño. A Xunta porá a disposición dos beneficiarios os servizos de aloxamento e manutención derivados desta estadía.

1612 lecturas