Emigración recibe aos 132 participantes de "Volver á Terra"

O secretario xeral da Emigración asegurou que os galegos da diáspoara son “os mellores embaixadores” que han de transmitir a fillos e netos “a referencia de Galicia e o arraigo ás orixes”.

Listen to this page using ReadSpeaker

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, mantivo hoxe un encontro no CGAC cos 132 emigrados galegos a Iberoamérica participantes do programa Volver á Terra- organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da consellería de Traballo e Benestar-.

O secretario xeral da Emigración asegurou que os galegos da diáspoara son “os mellores embaixadores” que han de transmitir a fillos e netos “a referencia de Galicia e o arraigo ás orixes”.

Santiago Cmaba, con unha das participantes no programa

 

Así mesmo, Camba eloxiou o "sacrificio" e " grande esforzo” realizado polos emigrantes ao abandoar Galicia anos atrás. "Todos sabemos que o galego é apegado á súa terra e cando houbo de salir fíxoo por necesidade", sostivo. "Os que se foron son as mellores persoas que temos", destacou. "Grazas a vós podemos ter o desenrolo que temos en Galicia", engadiu.

O acto de recepción tamén contou coa intervención dunha das participantes, Modesta Lombardero, quen emigrou a Cuba en 1958 e levaba 25 anos sen regresar a Galicia. "Marchamos nun momento de grandes dificultades coa esperanza de atopar algo mellor", lembrou, e tivo palabras de agradecemento por voltar á súa “queridísima terra”.

O programa ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias a estes emigrantes galegos de máis de 60 anos de idade e que redescubran as súas raíces.

Os participantes no programa

En total participan nas nesta edición 132 persoas procedentes de Arxentina, Brasil, Cuba e Uruguai. A media de idade no seu conxunto é de 75 anos, sendo os de maior idade dous participantes, que contan con 90 anos e residen, en Arxentina e Uruguai.

Durante estes días, desde a súa chegada o pasado 3 de novembro, os participantes desfrutan dunha estancia na Residencia de Tempo Libre do Carballiño- Ourense- desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas e poñéndose en contacto coa realidade actual da súa terra- propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia de hoxe- e o intercambio de experiencias co resto dos participantes. Será o luns, 16, cando inicien unha estadía cos seus familiares de Galicia- ata completar o tempo máximo de tres meses- ou regresen aos seus lugares de orixe.

1788 lecturas