Chegan a Galicia as cento trinta e catro persoas participantes no programa “Reencontros na Terra 2014”

Mercé a esta iniciativa da Xunta, un total de 134 persoas maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial.

A primeira quincena benefícianse dunha estadía na Residencia do Carballiño e, despois, poden quedar coas súas familias ata un tempo máximo de tres meses.

A maioría das persoas participantes proceden de Arxentina e Uruguai, países que concentran case a metade de galegos e galegas residentes no estranxeiro.

  • As e os participantes no programa Reencontros na Terra 2014 da Secreataría Xeral da Emigración á súa chegada aos aeroportos de Vigo e Santiago de Compostela
    As e os participantes no programa Reencontros na Terra 2014 da Secreataría Xeral da Emigración á súa chegada aos aeroportos de Vigo e Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2014.

As persoas participantes no programa “Reencontros na Terra”, na súa edición deste ano 2014, aterran este venres nos aeroportos de Lavacolla e Peinador, en voos procedentes de Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai e Venezuela, tras escala en Madrid.

O programa “Reencontros na Terra”, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar, ten por finalidade favorecer o achegamento de emigrantes galegos e galegas que teñen cumpridos 65 anos á súa terra e ás súas familias. Participan nesta edición un total de 134 persoas procedentes dos cinco países citados.

75 anos de media
Aínda que todas as persoas participantes teñen cumpridos os 65 anos, condición sine qua non para beneficiárense do programa, a idade media supera amplamente esta cifra, xa que se aproxima aos 75 anos. As catro de maior idade son todas procedentes de Arxentina, destacando unha persoa que conta con 89 anos.

Os grupos máis numerosos son as e os procedentes de Arxentina (80 persoas) e Uruguai (36 persoas). O resto das persoas participantes son 11 de Brasil, 4 de Venezuela e 3 de Cuba. Preto do 32% das persoas participantes naceron na provincia de Pontevedra, o 31% na da Coruña, o 21% na de Ourense e o 16% restante na provincia de Lugo.

O proceso
A finalidade desta iniciativa da Xunta é que as persoas participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural, social, gastronómico, ou folclórico, como sobre todo familiar, poñéndose en contacto coa realidade do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias e o intercambio de experiencias entre eles e elas.

As solicitudes –cuxo prazo de presentación rematou o pasado 16 de xullo- foron avaliadas seguindo os criterios de percepción da pensión asistencial por ancianidade do Estado español para o ano 2014 e a idade de quen realizou a solicitude, segundo o baremo descrito na correspondente convocatoria publicada no DOG.

Para informar sobre as cuestións relativas ao programa leváronse a cabo reunións previas nos diferentes países de orixe nas que participaron as persoas beneficiarias e nas que interviñeron persoal das delegacións da Xunta ou, no seu caso, das entidades colaboradoras; o persoal médico acompañante no relativo aos temas de coidado da saúde (en Arxentina e Uruguai); e persoal designado pola axencia de viaxes adxudicataria do concurso público convocado para os desprazamentos, no tocante aos asuntos de embarque, conexións, pasaxes, etcétera.

A estadía
O programa desenvólvese ao longo de tres meses, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas, na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en réxime de pensión completa, levando a cabo actividades recreativas e culturais axeitadas ás persoas participantes, e con excursións, en transporte colectivo, a distintos lugares da Comunidade autónoma para un mellor coñecemento da Galicia de hoxe en día, entre os que destaca unha visita a Santiago de Compostela con percorrido pola cidade monumental e recepción institucional.

A segunda fase consiste nunha estadía xunto as súas familias de Galicia, coas que poden permanecer ata completaren un tempo máximo de tres meses. Trátase dun complemento á estadía “oficial” que supón para moitas das persoas beneficiarias unha oportunidade única de volveren a atopar as súas profundas raíces persoais e redescubriren as ligazóns familiares deixadas atrás, pero non por iso esquecidas.

1640 lecturas