Emigración traslada a súa experiencia coa Estratexia Galicia Retorna aos seus homólogos na Generalitat Valenciana

Imaxe da reunión telemática entre ámbalas administracións autonómicas
Imaxe da reunión telemática entre ámbalas administracións autonómicas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a subdirectora xeral do Retorno deste departamento da Xunta de Galicia, Begoña Solís, trasladaron a experiencia de éxito da Estratexia Galicia Retorna ás responsables deste mesmo departamento na Generalitat Valenciana. Neste senso, Miranda situou como básico o proceso de axuda, acompañamento e asesoramento permanente ás familias no seu proceso de retorno.

O secretario xeral analizou as diferentes liñas de apoio ao retorno que se desenvolven dentro da Estratexia Galicia Retorna coa directora xeral de Participación Ciudadana valenciana, María Jesús Pérez Galant, e varias membros do seu equipo, recordándolles que a posta en marcha en 2018 desta iniciativa facilitou o retorno de case 22.000 galegas e galegos do exterior grazas a aplicación de 64 liñas de apoio tanto específicas como transversais de todo o Goberno galego. Miranda destacou como positivo este tipo de reunións que permiten poñer sobre a mesa as experiencias mutuas de diferentes comunidades autónomas, das que todos aprendemos no traballo de acompañar ás e aos emigrantes na súa volta á terra.

216 lecturas