Emigración seguirá prestando apoio ás actividades do Lar Gallego de Avilés, cuxa presidenta visitou a Miranda

  • Miranda, Grela e un asociado da entidade galega na vila asturiana, durante a reunión en Santiago de Compostela
    Miranda, Grela e un asociado da entidade galega na vila asturiana, durante a reunión en Santiago de Compostela
  • Miranda, Grela e un asociado da entidade galega na vila asturiana, durante a reunión en Santiago de Compostela
    Miranda, Grela e un asociado da entidade galega na vila asturiana, durante a reunión en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á presidenta da Asociación Lar Gallego de Avilés, Ana María Fernández Grela, con quen departiu sobre a actualidade da diáspora galega nesta localidade asturiana, e no Principado veciño en xeral.

Grela fixo repaso á vida social e cultural da entidade nos últimos meses, e tamén presentou a Miranda algúns dos proxectos de futuro que a directiva da entidade ten en mente. O secretario xeral trasladou á representante desta comunidade galega o seu compromiso e apoio na estabilización e mellora dos servizos que presta a entidade aos seus asociados e asociadas.

O Lar Gallego de Avilés, fundado no ano 1961, naceu trala marcha á localidade dun número importante de obreiros galegos cando se instalaron alí importantes empresas do sector siderometalúrxico. Foi precisamente nun taller de Ensidesa onde tivo a súa orixe o Lar. Conta cunha céntrica casa de tres plantas en propiedade, con salóns sociais e servizos de hostalaría.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen de maneira oficial no Principado de Asturias un total de 22.763 galegas e galegos, se ben por causa da proximidade xeográfica a cantidade de paisanas e paisanos que fan vida alí é moi superior a esa cifra, o mesmo cá de asturianos e asturianas en Galicia.

623 lecturas