Emigración reforza o apoio á Asociación Cultural e Deportiva de Tordoia en Xenebra para preservar a cultura galega

Emigración reforza o apoio á Asociación Cultural e Deportiva de Tordoia en Xenebra para preservar a cultura galega
Emigración reforza o apoio á Asociación Cultural e Deportiva de Tordoia en Xenebra para preservar a cultura galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 22 de agosto de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro con Álvaro García, presidente da Asociación Cultural e Deportiva de Tordoia en Xenebra, e con Patricia Coo, tesoureira, onde resaltou o compromiso da comunidade galega no exterior co mantemento das súas raíces e cultura. Durante a reunión, abordáronse diversas iniciativas e proxectos que a asociación desenvolve para promover a cultura galega entre os galegos do exterior, facendo especial fincapé na importancia das actividades culturais, deportivas e de formación que contribúen á cohesión da comunidade galega en Suíza.

Álvaro García destacou o labor da Asociación, que organiza regularmente eventos que fomentan tanto a participación como a integración dos máis novos. Estas iniciativas non só manteñen viva a cultura galega, senón que tamén fortalecen os lazos entre os membros da comunidade galega en Xenebra e arredores. O secretario xeral da Emigración valorou positivamente estas actividades e comprometeuse a seguir apoiando proxectos que promovan a identidade e cohesión da comunidade galega no exterior.

534 lecturas