Emigración recorda que a próxima semana abre a convocatoria de bolsas BEME para facer un máster nunha universidade galega
Manuel Silva - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2023.
A Secretaría Xeral da Emigración recorda que a próxima semana abre a nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior BEME, que permite realizar un máster nunha das tres universidades galegas aos mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria. O obxectivo é facilitarlles o retorno e que poidan apostar por Galicia para construír aquí o seu futuro.
Manuel Silva, estudante bolseiro BEME da Universidade de Vigo nas pasadas edicións e oriundo de Cambados, retornou de Guatemala grazas a esta axuda e anima neste vídeo aos posibles candidatos e candidatas a presentarse a estas bolsas que permiten mellorar a súa formación en Galicia de cara á busca dun futuro emprego.
Novas relacionadas