Emigración informará o vindeiro mércores ás e aos galegos do exterior sobre a nova convocatoria das bolsas BEME a través dun webinario

O webinario celebrarase o mércores 17 ás 18:00 h
O webinario celebrarase o mércores 17 ás 18:00 h
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración informará o vindeiro mércores, 17 de abril, a partir das 18:00 h (hora peninsular española), aos galegos e galegas residentes no exterior acerca da nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) mediante un webinario.

As e os interesados poderán participar a través desta ligazón.
 
A convocatoria destas axudas, aberta pola Xunta de Galicia ata o 30 de abril, ofrece un total de 250 prazas co propósito de posibilitar que as e os universitarios galegos que residan fóra poidan regresar a Galicia. O obxectivo é que realicen un máster nunha das súas tres universidades, contando cun apoio económico que oscila entre os 8.000 e os 12.500 euros.

174 lecturas