Emigración publica o vídeo resumo do acto de encontro coas e cos emprendedores retornados mentorizados a través do Programa Merlo

O encontro contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela
O encontro contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela
Encontro Retorno Emprendedor - Rede Programa Merlo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2023.

A Secretaria Xeral da Emigración publica un vídeo resumo do acto de encontro cos emprendedores retornados mentorizados a través da Rede Programa Merlo que tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, e que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen puxo en valor o emprendemento das galegas e galegos retornados á nosa terra.

O titular do Goberno galego destacou a importancia do acompañamento ao retorno a través de iniciativas, ferramentas e programas específicos de mentoring que oferta o Goberno galego. Subvencionáronse 700 proxectos de galegas e galegos retornados dos 5 continentes, de máis de 40 países e de todas as idades. A Fundación Ronsel, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, puxeron en marcha este programa de mentoring para emprendedoras e emprendedores retornados co obxectivo de dar apoio e formación complementaria ás e aos galegos que retornaron nos últimos anos a Galicia e que solicitaron a axuda que para o emprendemento ofrece a Secretaría Xeral da Emigración.

113 lecturas