Emigración publica o listado provisional de adxudicación dos obradoiros de cultura galega para entidades do exterior
A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe na súa páxina web o listado provisional de adxudicación dos obradoiros de cultura galega destinados a entidades do exterior. O programa conta cun orzamento de 150.000 euros e permitirá sufragar os gastos de contratación e desprazamento do profesorado e materiais de formación. As entidades encargaranse, pola súa banda, das instalacións onde se impartan os cursos e dos gastos de estadía e manutención das e dos docentes.
Estes obradoiros centraranse en folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega e novamente poderán ser presenciais ou telemáticos. En ambos casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades. As entidades poden solicitar por orde de preferencia, a organización de ata 3 cursos, e propor unha ou un profesor incluído nas listaxes de persoas formadoras para que imparta o correspondente curso. Así mesmo, para atender os supostos de non haber formadores ou formadoras dispoñibles nos listados na modalidade solicitada, tamén poden propoñer profesorado non incluído nelas acompañando un currículo que o avale.
Máis información nesta ligazón.
Novas relacionadas




