Emigración publica o listado definitivo de adxudicación dos obradoiros de cultura galega para entidades do exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 27 de agosto de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe na súa páxina web o listado definitivo de adxudicación dos 49 obradoiros de cultura galega destinados a entidades do exterior. O programa conta cun orzamento de 225.000 euros e permitirá sufragar os gastos de contratación e desprazamento do profesorado e materiais de formación. As 58 entidades beneficiarias encargaranse, pola súa banda, das instalacións onde se impartan os cursos e dos gastos de estadía e manutención dos docentes.

Estes obradoiros de encaixe de bolillos, cociña galega, gaita, percusión, baile, pandereita e canto ou seminarios de cultura galega, novamente poderán ser presenciais ou telemáticos. En ambos casos, os cursos serán impartidos por profesionais con recoñecida experiencia nas distintas modalidades.

As entidades beneficiarias proceden de Arxentina, Brasil, Venezuela, Chile, Costa Rica, Cuba, México, Panamá e Uruguay en América e Suíza e Alemaña en Europa, ademáis de varias entidades de España.

Máis info:

510 lecturas