Emigración publica a listaxe de puntuación provisional das e dos admitidos e suplentes das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 2024

O prazo de presentación de alegacións remata o 26 de xuño
O prazo de presentación de alegacións remata o 26 de xuño
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe coa puntuación provisional de persoas admitidas e suplentes, así como a listaxe de excluídas das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME). As e os candidatos disporán de prazo ata o 26 de xullo para presentar as alegacións que consideren oportunas.

Centos de universitarias e universitarios galegos do exterior interesáronse un ano máis por esta axuda, que conta con 250 prazas, para o estudo dun máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso.

599 lecturas