Emigración publica a listaxe definitiva das e dos admitidos e excluídos no programa Conecta con Galicia

Este programa, que se desenvolverá no albergue de Gandarío este verán, ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. 

O programa desenvolverase en dúas quendas de 30 participantes cada unha: entre o 15 e o 28 de xullo e entre o 29 e o 11 de agosto
O programa desenvolverase en dúas quendas de 30 participantes cada unha: entre o 15 e o 28 de xullo e entre o 29 e o 11 de agosto
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe a listaxe definitiva dos admitidos e excluídos no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración que se volve desenvolver este ano, tras tres anos de suspensión por mor da pandemia, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Ten como obxectivo posibilitar a convivencia en Galicia de 60 mozos e mozas galegas do exterior de entre 16 e 17 anos durante os meses de xullo e agosto. 

Este programa permitirá que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos volvan a ter contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares, supoñendo para moitas e moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

‘Conecta con Galicia’ desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío en dúas quendas de 30 participantes cada unha: entre o 15 e o 28 de xullo e entre o 29 e o 11 de agosto.  Nestas instalacións realizarán diferentes actividades lúdicas e deportivas, así como participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia. 

As listaxes definitivas poden consultarse nesta ligazón

Nos próximos días publicarase a relación de persoas beneficiarias.

538 lecturas