Listaxes definitivas dos/as solicitantes admitidos/as e excluídos/as do procedemento para a participación no programa Conecta con Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
418 lecturas
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES DEFINITIVAS DOS/AS SOLICITANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DO PROCEDEMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA CON GALICIA (PR930A) 2023, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 13 DE ABRIL DO 2023 (DOG Núm. 77 DO 21 DE ABRIL). 

En aplicación do acordado pola Comisión de Avaliación, e de conformidade co disposto nos artigos 9.4 e 9.5 da Resolución do 13 de abril de 2023 da Secretaría Xeral da Emigración, que regula as bases reguladoras do procedemento de axudas para a participación no Programa Conecta con Galicia e convoca as do ano 2023, á vista das alegacións e documentación remitida e da resposta complementaria do INE, publícanse as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas por países, con indicación das opcións de regreso.

A fin de facilitar a súa lectura, os/as solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:

PAÍS LISTADOS PARA DESCARGAR
Arxentina Descargar
Brasil Descargar
Europa Descargar
Uruguai Descargar
Venezuela Descargar


Naqueles casos nos que o número de solicitudes admitidas en cada país e opción de financiamento supere ao número de prazas ofertadas (Anexo I da Resolución de convocatoria), a selección realizarase de conformidade cos criterios de prelación establecidos no artigo 9.6: grao de parentesco coa persoa emigrante, idade e apelidos. As prazas vacantes, ofertadas a residentes en zonas onde non se presentou ningunha solicitude, distribuiranse pola Secretaría Xeral da Emigración segundo o disposto nese mesmo apartado. 

A relación de persoas beneficiarias publicarase na web o máis axiña posible. 

IMPORTANTE: A partir da data de publicación dispoñerán de 3 días para modificar a opción do regreso, respectando, en todo caso, as tres previstas na Resolución de convocatoria: o día de finalización da actividade, 15 días despois ou un mes despois.

Data de publicación: 
27.06.2023