A Delegación da Xunta na Arxentina organiza unha charla informativa para as e os familiares dos rapaces e rapazas que van participar no programa de Emigración 'Conecta con Galicia'

  • Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
    Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
  • Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
    Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
  • Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
    Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 12 de xullo de 2023.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, presidiu a charla informativa que se ofreceu no salón Alhambra do Club Español de Bos Aires, á trintena de galegas e galegos residentes no país do Cono Sur que participarán a partir do próximo día 15 de xullo no programa 'Conecta con Galicia' que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Esta iniciativa, tal e como explicou López Dobarro, ten como obxectivo posibilitar a convivencia en Galicia de 60 mozos e mozas galegas do exterior de entre 16 e 17 anos durante os meses de xullo e agosto. 

No acto estiveron presentes máis de 80 familiares das e dos participantes nesta iniciativa. Este programa permitirá que persoas nadas en Galicia ou descendentes de emigrantes galegas e galegos volvan ter contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares, supoñendo para moitas e moitos deles a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial. ‘Conecta con Galicia’ desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío en dúas quendas de 30 participantes cada unha: entre o 15 e o 28 de xullo e entre o 29 de xullo e o 11 de agosto.  Nestas instalacións realizarán diferentes actividades lúdicas e deportivas, así como participarán en visitas culturais e tamén poderán coñecer empresas punteiras situadas en diversos lugares de Galicia. 

308 lecturas