Emigración publica as fotos da presentación do Programa Merlo destinado a apoiar ao retorno emprendedor
Santiago de Compostela, 1 de novembro de 2021.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e da conselleira delegada do Grupo Leche Río, Carmen Lence, presentaron o Programa Merlo, destinado a apoiar ao retorno emprendedor e tecer unha rede de colaboración entre as e os diferentes emprendedores galegos retornados. Nesta iniciativa están a participar preto dun centenar de emprendedores e emprendedoras que contan co seguimento e apoio dun mentor ou mentora da Fundación Ronsel.
- Galería de imaxes: picar aquí para acceder
Novas relacionadas