Emigración continúa desenvolvendo cos alumnos e alumnas BEME das universidades galegas as xornadas formativas sobre incorporación ao ámbito laboral

Na imaxe, Antonio Rodríguez Miranda dá a benvida ás xornadas ás e aos bolseiros BEME
Na imaxe, Antonio Rodríguez Miranda dá a benvida ás xornadas ás e aos bolseiros BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración continuou hoxe levando a cabo as xornadas formativas sobre a incorporación ao ámbito laboral das bolseiras e bolseiros de excelencia BEME, co obxectivo de axudalos a introducirse no mercado laboral galego, tanto por conta allea coma propia. 

Nesta segunda xornada, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, volveu a participar para da a benvida ás e aos universitarios galegos do exterior que están a realizar un máster nunha das tres universidades galegas a través desta bolsa BEME. Na conferencia de hoxe participaron como relatores Modesto Gómez e Juan Montoro, quen tamén aportou a súa experiencia como representante dunha empresa que foi beneficiaria dunha axuda ao retorno emprendedor.  Estas xornadas, que dan continuidade á realizada xa como benvida en setembro, realizaranse proximamente de xeito mensual para que se poida conseguir a integración no mercado laboral galego do máximo número de bolseiras e bolseiros. 

515 lecturas