Emigración organiza tres xornadas informativas sobre as bolsas BEME de mestrado para as e os universitarios galegos do exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladará aos interesados e interesadas cales son os requisitos e a documentación necesaria para solicitar estas bolsas que lles permitirán ampliar a súa formación superior nunha das tres universidades galegas no próximo curso académico.

As xornadas celebraranse o sábado 27 e o martes 30 para América e o luns 29 para Europa, todas elas ás 19 horas de España.

As e os interesados poden rexistrarse a través da web https://emigracion.xunta.gal.

As xornadas celebraranse o sábado 27 e o martes 30 para América e o luns 29 para Europa
As xornadas celebraranse o sábado 27 e o martes 30 para América e o luns 29 para Europa
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración organiza tres xornadas informativas para dar a coñecer entre as universitarias e os universitarios galegos do exterior a nova convocatoria de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME, que permitirán ás e aos beneficiarios cursar un mestrado nunha das tres universidades galegas no próximo curso académico.

Esta actividade, que correrá a cargo do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desenvolverase o sábado 27 de marzo e o martes 30 para as universitarias e os universitarios galegos do continente americano, e o luns 29 os de Europa. Todas elas desenvolveranse ás 19:00 h (hora de España).

Estas xornadas informativas en liña están orientadas a estudantes nacidas e nacidos en Galicia ou descendentes de galegas e galegos que residan non exterior e queiran coñecer máis información sobre o programa, e tamén a entidades académicas, centros, institucións etc. interesadas.

Rodríguez Miranda presentará a quinta edición das bolsas, que conta este ano con 200 prazas, o número máis alto dende o inicio do programa. As axudas que recibirán os bolseiros e bolseiras van dende os 7.000 aos 7.650 euros (segundo o continente de onde proceda o alumno ou alumna) para un curso de 60 créditos ECTS e de 11.475 euros se o curso é de maior duración: 90 créditos. A axuda destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención en Galicia. 

Tódolos beneficiarios e beneficiarias destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre as mozas e mozos residentes fóra fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na comunidade. A oferta céntrase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego. 

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación dun total de 200 tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas. 

As interesadas e interesados poden informarse a través da web https://emigracion.xunta.gal ou do teléfono e WhatsApp: +34 604 068 008.

As inscrición ou rexistro nestas xornadas poden facerse a través dos seguintes enlaces: 

843 lecturas