Emigración continúa desenvolvendo xornadas formativas coas alumnas e alumnos BEME para achegalos ao mercado laboral

  • Imaxe da xornada que se está a celebrar no día de hoxe
    Imaxe da xornada que se está a celebrar no día de hoxe
  • Imaxe da xornada celebrada no día de hoxe
    Imaxe da xornada celebrada no día de hoxe
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración, continúa desenvolvendo xornadas formativas sobre incorporación ao mercado laboral para as bolseiras e bolseiros BEME que están este curso levando a cabo algún mestrado nunha das tres universidades galegas, de cara a axudalos tanto na busca activa de emprego como na creación das súas propias iniciativas empresariais.  

Nas xornadas de hoxe, vía telemática, participaron un centenar de alumnas e alumnos galegos do exterior beneficiarias e beneficiarios destas bolsas de estudos. As charlas, nas que colabora a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados a Galicia, contaron con dous relatores, Raúl Barrantes e Santiago Gamboa, que analizaron a pegada dixital, o posicionamento web e o networking. Estas xornadas, que dan continuidade ás realizadas xa como benvida en setembro, e ás que se levaron a cabo ao longo do mes de febreiro, continuaranse a realizar mensualmente de xeito que se poida conseguir a integración no mercado laboral galego do máximo número de bolseiras e bolseiros.

502 lecturas