Emigración avalía co Xacobeo o uso do complexo de aloxamento do Monte do Gozo para acoller aos galegos e galegas do exterior polo Ano Santo

Estas instalacións, antesalas da chegada a Compostela, contan con amplos espazos verdes e zonas de lecer e aloxamento.

Imaxe da visita ao Monte do Gozo
Imaxe da visita ao Monte do Gozo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, o subdirector de Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas, e técnicos do Xacobeo, visitaron nas últimas horas o complexo de aloxamento do Monte do Gozo co gallo de avaliar o seu uso durante as accións da Secretaría polo Ano Santo. 

Ambos responsables autonómicos estudaron a utilización deste albergue como lugar onde poder acoller aos galegos e galegas do exterior que decidan colaborar nos diversos programas e percorridos do Camiño que a Secretaría Xeral da Emigración está a preparar con motivo do Xacobeo. 

Estas instalacións, antesalas da chegada a Compostela, contan con amplos espazos verdes, así como zonas de lecer e aloxamento, que ofrecerían un espazo axeitado para a acollida aos galegos e galegas do exterior que participen nos futuros proxectos da Secretaría Xeral da Emigración.

663 lecturas