A Axencia Tributaria de Galicia está a facilitar información e asistencia ás e aos pensionistas retornados para solicitar a devolución das sancións, recargos e xuros de demora
O organismo tributario galego dispón de persoal especializado para atender este colectivo en todas as súas delegacións e nos servizos centrais.
Desde o 1 de xaneiro, pódese presentar a solicitude nas oficinas da Agencia Tributaria del Estado (AEAT) ou da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).
O formulario tamén se pode presentar a través das páxinas web da AEAT (www.aeat.es) e da ATRIGA (www.atriga.es).

A Axencia Tributaria de Galicia conta con persoal especializado que está a facilitar información e asistencia ás persoas pensionistas retornadas para cumprimentar as solicitudes de condonación e a devolución das sancións, os recargos e os xuros de demora que foron pagados por este colectivo.
En concreto, o organismo tributario da Xunta dispón dunha persoa en cada delegación e nos servizos centrais para axudar ás e aos pensionistas retornados neste procedemento. A Consellería de Facenda lembra que este colectivo pode presentar o formulario de devolución desde o pasado 1 de xaneiro.
Así, as persoas pensionistas retornadas poden presentar a súa solicitude nas dependencias da Agencia Tributaria del Estado (AEAT) ou nas delegacións da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA). Este formulario tamén se pode presentar a través das páxinas web da AEAT (www.aeat.es) e da ATRIGA (www.atriga.es).
As e os pensionistas retornados poden deste xeito cumprimentar o formulario de solicitude consignando os datos persoais, os anos correspondentes á débeda que orixinou as sancións, os recargos e xuros de demora e o número de conta bancaria para efectuar a devolución das cantidades abonadas.
A Xunta de Galicia ten ofrecido colaboración á AEAT para axudar ás persoas pensionistas retornadas neste procedemento. Ademais, aínda que se trata dun formulario sinxelo, a Axencia Tributaria de Galicia ten habilitado tamén un teléfono de información (881.995.284) para facilitar información sobre o proceso de devolución de sancións, recargos e xuros de demora a este colectivo.
Novas relacionadas