Emigración invita a tódolos galegos e galegas do exterior á única retransmisión, vía telemática, da obra “O charco de Ulises” producida polo Centro Dramático Galego

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destaca que esta obra revisa a ‘Odisea’ de Homero dende a perspectiva da emigración galega.

A obra poderase desfrutar a partir das 18 horas (España) do próximo domingo 24 de xaneiro a través da ligazón https://videoplayers.tiivii.com/cdg.

Trala función haberá un coloquio posterior co equipo da obra transmitido en directo no que poderán participar os espectadores e espectadoras.

  • 'O charco de Ulises' é a primeira produción propia da actual tempada do Centro Dramático Galego
    'O charco de Ulises' é a primeira produción propia da actual tempada do Centro Dramático Galego

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración invita a tódolos galegos e galegas do exterior á única transmisión vía telemática da obra O charco de Ulises que está a representarse no Salón Teatro de Santiago de Compostela, producida polo Centro Dramático Galego da Xunta de Galicia.

Deste xeito, o domingo 24  ás 18 horas (de España), os interesados e interesadas poderán  gozar do servizo de streaming do CDG, activando a ligazón https://videoplayers.tiivii.com/cdg para acceder á gravación do espectáculo e ao coloquio posterior (19:40 h), que será transmitido en directo. 

Nesta charla, na que se poderá participar a través de chat de Facebook e Instagram, participarán, ademais das e dos membros do equipo de O charco de Ulises, Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, e Fran Núñez, director do CDG, no marco da liña de colaboración emprendida entre os dous departamentos para difundir o teatro feito en Galicia nas comunidades galegas do exterior.

Precisamente, Rodríguez Miranda destacou que se trata dunha actividade novidosa, “xa que por primeira vez, poderase disfrutar, de xeito telemático, no exterior dunha obra feita por galegos para que o mundo coñeza a epopea universal da emigración galega a través dun clásico da literatura tamén universal”.

O charco de Ulises é a primeira produción propia da actual tempada do Centro Dramático Galego, e trátase dun espectáculo de gran formato dirixido por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, que revisa a Odisea dende a perspectiva da emigración galega, situando o clásico de Homero nun contexto trasatlántico. 

A trama do texto escrito por Cortegoso discorre en paralelo á Odisea, xerando un diálogo co mito orixinal para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. Ulises permanece errante durante dez anos pero a idea do regreso á patria non o abandona nunca. Así, a proposta cambia Ítaca por Galicia, Troia por Bos Aires e o Mediterráneo polo Atlántico.  

805 lecturas